jueves, 17 de julio de 2008

Ramón´s Family


Aquí teneis a Daisy y Ramón, junto a unos amigos.

Chelo´s Family


Aquí es la familia de Chelo. Chelo, Jaime Sr. y Jaime Jr.

Boda Daisy & Ramón


Hola,

Aquí está una foto de nuestra boda.

Montotada 2008

Montotada 2007








Así eramos

Abrimos esta sección para recoller as historias e contos que recordamos de cando eramos nenos (e non tan nenos) para que os nosos fillos e netos saiban que clase de pais e avós tiñan.

Invitamos e animamos a todo o mundo a colaborar cos
seus recordos, anécdotas, xogos e cachondeos varios.


“E ÉRACHE PILLÍN..., E DÁBAME CASTAÑAS”


Dicíalles Jesús ós meus fillos que era moi difícil quedar solteiro, que había que loitar moito para que non o engaiolasen a un.

E tiña razón. Eu fun testemuña de como, un par de anos antes de morrer, lle propuxeron matrimonio: “ con papeles ou sen eles, agora xa tanto tén”.

A cousa foi na pulpería do Anzo, un principio de mes, cando acompañei a Jesús ó banco, coma de costume, para cobrar a pensión e facer a súa compra para o mes.

Feitas as nosas tarefas, ibamos tomar o pulpo. Ese día, na mesa do lado, case enfrente de Jesús, había unha vella cos seus sobriños. “Esa muller é de Busto”, dixo Jesús. E volveuno a repetir de alí a un pouco: “Esa muller é de Busto, e estaba de criada na casa de Mosteiro da Goleta, e mandábana ás castañas á Regueira. E eu ainda lle botei unhas loitas. Eu tíñalle apañadas as castañas mentras agardaba a que o muiño acabase, para que non lle roñasen se chegaba á casa sen elas”.

Contaron despóis os sobriños que a vella lles dicía: “Ese home é do Carrio”. “Ese home é do Carrio”. Pero non lle facían moito caso porque estaba chocha perdida.

Nunha destas a vella pescou algo do que Jesús me dicía a min e soltou un : “Ai, logo é-lo. Pois á nosa idade, xa tanto tén, con papeles coma sen eles”.

Neste momento, sen darme moi ben conta do que dicía, deixei caer un comentario, coma quen non quere a cousa. Unha metedura de pata, vamos.

--O malo iba ser para saca-lo carro da porta.

Jesús nin se decatou --todos sabemos que estaba coma unha tapia-- pero ela sí que o pillou. E non dixo nin outra palabra.




“A PEDRAS CON SEU PAI”


Contaba Jesús que nunha ocasión, sendo el rapaz, tiráronlle unhas pedras a un home que resultou ser o seu propio pai.

A cousa empezou cando Jesús e os seus irmáns viron chegar ó Rodís (un pobre dos de pidir, de Galegos) que viña pretender á Redosinda, que vivía nunha caseta nos Quinteiros. Para chegar ós Quinteiros o Rodís tiña que pasar pola congostra que rodea o nabal de Varela.

Chegada a noite, puxéronse os rapaces todos en posición, agochados ó longo da corredoira, hasta que viron chegar un home que, de vagar, viña facendo e acendendo un pitillo.

José, o pai, meteu o gando nas cortes e pensouno para pasa-la noite. Decatouse de que lle faltaban os fillos: “Onde andarán estes carallos?” E botouse corredoira adiante, coa súa cachaza, mentras facía o pitillo.

“Aí o vén. Dádelle”. E as pedras empezaron a chover na congostra.

“Ai, lambóns, heivos de axeitar eu”.

Cando os pillabáns se decataron do seu erro, sairon escentellados Carrio abaixo, algúns saltando a cancela sen poñer pé.

Jesús agachouse detrás dun valado, esperando a ver en que daba o conto. Pero o tempo pasaba e non era cousa de durmir fóra, así que se foi achegando ó curro e abrindo o portal amodiño.

“Pero xa estaban a voltas con Pedro”.

O que pasou despóis nunca o dixo.












TAL COMO ERAMOS


Pídeme Pepe de Lita que faga unha lembranza personalizada das miñas vivencias no entorno dos Montoto en tempos de nenez e adolescencia, suliñando anécdotas non contadas en Montotadas anteriores, e a verdade é que me veñen á memoria moitas delas que por espacio ou dexadez non se teñen contado antes.
Anque máis que anécdotas o que me veñen á mente son situacións e momentos puntuáis que de algun xeito marcaron, para ben ou para mal, lembranzas inesquecibles.

Podería semellar que todos sen excepción temos unha pelicula da nosa vida, con actores principáis, secundarios e mesmo extras, sen menoscabo da súa importancia que para min caseque todos teñen : a mesma, e que trataréi de plasmar nesta reseña.
Quero antes de nada lembrar dun xeito especial a tódo-los nosos tíos e tías que tiveron unha importancia capital nas nosas vidas, agora máis porque ningun deles está xa con nosco.

Por orde cronolóxico vénme á mente a prestancia da figura da nosa abóa materna a quén non cheguéi a coñecer - só por unha foto na que deixa entrever a súa relevante importancia na familia Montoto-Cacheda- da que logo nós formaríamos parte.
Da complexidade do mundo que lle tocóu vivir foron testemuñas os nosos páis, anque coido que non na medida real do que se pode supoñer : guerra civil - posguerra - penurias - medo- mesmo fame….
A paradoxa é que eles caseque nunca se laiaban do acaecido.

Lembro que sendo éu un rapaz - non máis de catro anos- noso abó materno José acudiú a Santiago, con motivo do bautizo de méu irmán Fernando, e pedíulle a miña nai lle indicara onde se podían facer "as necesidades". Miña nái levóuno ó cuarto de baño e o que suscribe, levado pola curiosidade, axexóu desde a porta como o pobre do home mexaba na pileta do lavabo con un sorriso de beizo a beizo ó ver a súa faciana reflexada no espello. – De canta moderninade disfrutaba a súa filla !!.

Comentóume o tío Jesús (cousa que só souben por él) que en certa ocasión, nos anos corenta, vindo meu pái de Lalín, co uniforme de garda civil- enrriba dunha
bicicleta prestada por Mosteiro de A Goleta- despóis de cobrar a paga do mes- fói tiroteado na Pena do Ouro por uns “desalmados” coas intencións que todos supoñemos.
José "desenfunda" e pon en fuga a, alomenos, catro individuos, chegando a pé á casa paterna, póis un dos impactos pincháralle a única roda sana da bicicleta.
De méu pái séi tamén que andivo á procura (mói pouca) do Foucellas pola zona de Melide e Boimorto, póis mesmo coñecían a súa nái que era unha bendita muller. Qué cousas tiña a posguerra ..... uns e outros mirando para outro lado...... e así nos ibamos criando. Vivíamos historia pero non eramos moi conscientes delo.

Xa con 8 ou 9 anos tiven ocasión de vivir outro momento arrepiante: Noso tío Manuel "da carretera" amosóume, a apenas 40 metros, unha camada de lobos famentos - non menos de sete ou oito- que se movían ás suas anchas pola la ladeira do monte do Carrio en días dunha nevada como non se recordaba na zona. Debido ó cambio meteorolóxixo - que non climático - hoxe semella impensable. (sen acritude).

Eran tempos nos que por diante da casa de Manuel e Avelina pasaban dóus ou tres coches por día.
Qué alegría, que alboroto !!, saíamos todos (José Luis, Félix, Manolo e máis éu) chamados polo ruido do motor a ver quén era : - O coche de liña, o do médico das Cruces, ou o de algún ricacho "recien chejado de Argentina" que viñan dando botes nas tres mil oitocentas pedras que había por metro cuadrado e que logo perdíanse cara á curva de Pereiriña, e nós volta para a cociña de ferro rodeada de mármol que era onde millor se estaba.

Se facía bó tempo o que suscribe baixaba á casa de Cacheda e a nosa prima Lita (q.e.p.d) amosábame as capilliñas que facía con froles e folliñas, cubertas con cristáis de botella, e que tiña repartidas por todo o xardin diante da balaustrada, hasta que viña a tía Albina e poñía o todos a traballar. Entre tanto o tío Ramón pasaba a garlopa na palleira que, a día de hoxe, está tal cual hai xa caseque cincuenta anos.

A película da para moito, máis por non extenderme vóu facer un resumo de algunhas, que non todas, de máis vivencias e momentos puntuáis que, por unha ou outra razón, hoxe lembro con máis facilidade.

Por aqueles tempos os que vivíamos na cidade coincidindo coas vacacións ou as festas, dada a nosa condición de "urbanitas" (que se diría hoxe), "ibamos a la aldea" cos nosos jerseys de cor vermello ou rosa (que cousa!!) e claro, chamábamos a atención porque nunca tal cousa se vira, mesmo dicíannos "estirados", “chulitos” e cousas desas. A verdade é que ibamos tal como eramos, incluso o menoscabo era noso, as veces mesmo sentíaste intruso, tratábase de volver ás orixes - emigrantes pero menos.

En contrapartida, anque moito menos, en ocasións tiñamos oportunidade de facerlle as honras a tios e primos cando acudían a Santiago, caseque sempre polo
Apóstolo.
- O tío Jesús chegóu a gardar sitio a carón do globo – similar ó de Betanzos- unha hora antes para non perder detalle dos “fuegos” da fachada da catedral e as "rodas de lume".
A tía Encarnación tíñalle medo (as rodas, claro).

A madriña Josefina iba a Santiago, sempre que podía, a ver á súa "irmán da ialma".
Miña nái devolvíalle as visitas aproveitando a boa vontade do chofér do coche do pescado que iba e viña de Marín. Canto aforro ¡!.

Qué tempos aqueles con estancias en Bodaño, con Raúl e Silverio– carrexando moyos- , Bermés botando unha mán (pouca) a Pepe, Manolo e Zalo…
Lembro a méu tío Pedro, pouco tempo antes de deixarnos, polo 15 de agosto escoitando a banda de música con bagoas nos ollos…. (sabía que se iba) …


O tempo foi pasando. Un tras outro fóronse indo os nosos tíos e tías. Ley de vida. Os curas a facer caixa : tantos cartos, tantos responsos. A vida segue.
Teño que decir que éu só recibín cariño de todos eles. A miña nenez neste senso foi moi gratificante.


Na lembranza quedan retazos coma o regato na casa vella de Bermés que pasa pola cociña, o viño de corenta pesos de Raúl, julepes tipo Las Vegas, a moto Guzzi Hispania do tío Manuel, as idas ó Corpiño - con miña nái Leontina lucindo hábito, o feito certo de ter que ir a oscuras a facer de ventre nas cortes de paso que subiamos para as habitacións ......a durmir en colchóns de carrocha.....por poñer cousas que antes non se puxeron, pero sobre todo, e o máis importante : Seguindo o desexo do noso tío Jesús : Ninguén se mancóu ( que se saiba).

Quedan cousiñas que igual non se poden nin se deben contar, anque ninguén botaría as máus a cabeza.
De ahí o de "Ostia en Brocos ......merda en Chares". “Fora do Deza, a máis absoluta miseria” – frases acuñadas polo méu primo Ramón de Chorén – recoñecido amigo dos Montoto e que hoxe vive en Lugo e ó que podemos ver moi a miudo na Goleta.

VIVA LALIN CON RAZON OU SIN ELA !! - Ó QUE ME DÉ UN PÁU DARÉILLE DÓUS PESOS ¡! (coa subida do IPC).-


JOSE L. ANTONIO

miércoles, 16 de julio de 2008

Montoto Family blog

Hola,

La Familia Montoto ya tiene blog !!!!. A usarlo !!. Me gustaría que sirviese para saber unos de otros.



Prado do Penouzo